Santa Guerrilla e NAO separan os seus camiños

Despois de moitos anos de traballo, amizade e experiencias en común Santa Guerrilla e NAO separan os seus camiños. Foi un pracer ter unha produtora e management implicada a morte coa banda, que entendía e potenciaba o que representa NAO. Desexámoslles os maiores éxitos no persoal e no profesional. Sen eles a banda non sería o que agora é. Polos servizos prestados grazas de corazón. A nosa amizade e gratitude será sempre eternas.

A nova produtora e management chámase AllTheFat. Abrimos contratación familia!!!