Distintos pobos, unha única loita

“Distintos pobos, unha única loita – Hamaika herri, borroka bakarra.”
Dúas únicas datas antes do verán para poñer enriba da mesa a solidariedade internacionalista.
Dúas bandas xóvenes de enorme proxección presentando disco en Compostela: SonDaRúa e Odolaren Mintzoa.
E NAO facendo un repertorio longo feito a medida das vosas propostas incluíndo temas de todos os nosos discos. Colaboracións moi especiais, e demais sorpresas que iremos desvelando aos poucos.
En definitiva, unha festaza que non te podes perder!!!
🎫Entradas físicas xa á venda en: AReixaTenda e Avante Compostela.
💻Venda online a vindeira semana.

A segunda data visita obrigada a nosa terra irmán. Con moitas gañas de regresar á Euskal Herria e liar alí unha boa!!!
#VenceremosNós #AloitaÉoÚnicoCamiño